Terras de Iria
Nas Terras de Iria (Comarca do Sar), atopamos un total de 57 Comunidades de Montes veciñais.
Concretamente no Concello de Rois atopamos un total de 41 comunidades, sendo un dos concellos galegos con máis montes vecinais en man común, seguido de Padrón con 14 e finalizando con Dodro, o cal soamente conta con 2 Comunidades de Montes.
O 33% da superficie forestal galega pertence ás máis de 2.700 comunidades de montes, cunha extensión de máis de 600.000 hectáreas, das cales a metade está xestionada conxuntamente coa Administración Forestal.
As Comunidades de Montes en Man Común son os lexítimos propietarios e ostenta a súa titularidade. Este xeito de xestión do territorio procede dos séculos V e VI.
Esta etapa caracterizábase pola propiedade colectiva e a distribución igualitaria dos produtos.
Comunidade Primitiva
As primeiras comunidades humanas mantiñan un modo de produción primario, resultado do desamparo no que se atopaban no medio, con moitos recursos naturais accesibles, con poucos recursos materiais para transformarlo e con moitas circunstancias que actuaban na súa contra. Polo que era chave o traballo común e a socialización dos medios de produción.
Ao ser unha sociedade baseada no autoconsumo, todas as súas relacións sociais eran comunitarias. Este modo de produción foi substituído, dependendo do lugar ou a época, ben polo modo de produción escravista ou ben polo modo de produción feudal.
O Reino Galaico-Suevo
A orixe dos montes veciñais, dende un punto de vista histórico e sociolóxico, sitúase na organización social prerrománicacastrexa dos callaicoi, herdeira do comunitarismo primitivo das sociedades anteriores mais cun desenvolvemento da xerarquía social.
Sobre a sociedade castrexa impúxose a xerarquía social romana mudando algunhas formas de explotación do medio. Logo da romanización, o pobo xermano dos suevos instálase na antiga Gallaecia no século V e alíase cos galaicos, creando o primeiro Reino da Europa medieval. Así, crearon unha estructura administrativa e nacional propia no mundo coñecido, con alianzas exteriores, fronte aos visigodos.
A Igrexa foise implantando como institución do Reino de Galicia e formalizouse a distribución interior en parroquias, igual que a superior estructura comarcal en arciprestados. Tras un século de guerras, os visigodos anexionan o Reino de Galicia, mais respectan unha ampla autonomía política por causa da especial gobernabilidade e idiosincrasia cultural galaica. Mais o reino ibero-visigodo foi destruído polos árabes, e Gallaecia recuperu a súa soberanía e iniciando a expansión cara ao sur.
Dereito xermánico e consuetudinario
Denomínase dereito xermánico ás normas polas que se rexían os pobos xermánicos que invadiron o imperio romano. Non posuían un código lexislativo escrito, polo que se rexían baixo o dereito consuetudinario. Eran un conxunto de normas xurídicas que se acordaban despois de feitos que se producían repetidamente nun territorio concreto. Tiñan forza vinculante e recórrese a el cando non existe norma xurídica escrita, ou lei aplicable. Para que unha conduta sexa costume precisa de dous elementos imprescindibles:
Primeramente, o uso xeneralizado e repetitivo, pois só pode considerarse costume un comportamento realizado por todos os membros dunha comunidade. Así mesmo esta conduta debe ser reiterada no tempo, sendo parte integrante do común actuar dunha comunidade. Dificilmente se pode considerar costume unha conduta sen antigüidade, unha comunidade pode pórse de acordo en repetir unha conduta no día de hoxe en diante pero iso non a converte en costume, convértea en lei.
Por outra banda, a conciencia de obrigatoriedade relacionase con que todos os membros dunha comunidade deben considerar que a conduta común ten unha autoridade que os obriga, de tal xeito que non pode obviar dita conduta sen que todos consideren que se violou un principio fundamental da vida comunitaria. Nese sentido é claro que existen condutas cuxo uso é xeneralizado e moi repetitivo, mais sen ter emparellado o concepto de obrigatoriedade.
“Considérase que figuras como as relacións xurídicas mancomunadas ou a comunidade de bens proceden directamente do dereito xermánico, dado que o dereito romano baseábase na idea de propiedade individual.”
Concello de Dodro
Concello de Rois
Concello de Padrón
O CAMIÑO DE SANTIAGO
Camiño do Mar de Arousa
Camiño Portugués
Camiño de Muros Noia