Terras de Iria
Concello de Dodro
CATÁLOGO DE PAISAXES
O concello de Dodro sitúase á desenvocadura do río Ulla, barreira natural entre as provincias de A Coruña e Pontevedra, limitando cos concellos de Rois, Rianxo, Lousame e Padrón.
Este municipio atópase na Área Paisaxística das Rías Baixas, concretamente na comarca paisaxística de Arousa-Baixo Ulla, territorio situado nunha serra formada por grandes bloques graníticos e dista do mar 6 km.
Os trazos xerais que definen esta área son os dunha elevada densidade poboacional, fenómeno relacionado co acusado minifundio e co alto número de entidades de poboación, o que dá lugar a parroquias con moitas aldeas e moi próximas entre si.
O núcleo rural normalmente sitúase a media ladeira en contacto coas terras de labranza e o espazo forestal, onde as novas edificacións ‘estiran’ o núcleo cara as terras de labor seguindo as vías de comunicación.
Concretamente Dodro é un concello rural, cun elevado número de unidades de poboación, caracterizadas polo seu reducido tamaño e a proximidade entre sí.
USO DO SOLO
Repoboación forestais
Zonas urbanas
Mato e rochedo
Zonas de extracción
Mato
Cultivos e prados
Sistemas de transporte
Mestura de árbores
Especies caducifolias
Coníferas
Humedais
Augas continentais
Antigamente, Dodro, sobre todo a zona que se atopa máis perto do río é das Brañas de Laíño, destacaba polo gran valor da súa herba (cultivos e prados), óptima para a cría de gando.
Actualmente, as principais utilizacións do solo no concello de Dodro (ordeados de maior a menor extensión ocupada) son:
– Eucaliptos e coníferas
– Repoboacións forestais
– Cultivos e prados
– Humidais (Brañas de Laíño)
– Augas mariñas (Río Ulla)
Neste concello fundáronse as dúas primeiras cooperativas leiteiras de Galicia (1932) e ubicouse preto Nestlé (1933).
FAUNA E FLORA
No municipio de Dodro destaca a flora e fauna propia das Brañas de Laíño, localizadas á beira do río Ulla, xa no seu curso final, preto da desembocadura na ría de Arousa.
As Brañas de Laíño representan unha das maiores zonas húmidas de Galicia.
Nas Brañas atópase a maior poboación mundial de Emberiza schoeniclus lusitanica (20 parellas), unha ave en perigo crítico de extinción, xa que na actualidade quedan sobre un centenar de exemplares.
ELEMENTOS PAISAXÍSTICOS
PATRIMONIO
O patrimonio de Dodro destaca polas Eiras de hórreos, pois é o concello da comarca que cun maior número delas. Sobresae Eira da Lavandeira cun total de once horreos e todos cunha boa conservación.
No eido arqueolóxico destaca o Castro de Bexo, sendo un dos poboados máis grandes da zona, ocupando máis de 7.000 m2 próximo as Torres do Oeste.
Finalmente, destaca o cruceiro do Abelán do ano 1672, sendo o cruceiro de ánimas máis antigo de Galicia.
Tamén se debe ter en conta o Hórreo da Miguensa, o cal conta con peculiaridades moi salientables, como o pasadizo na plataforma.
FICHAS PATRIMONIAIS
Castelo de Monte Vilar
Castro de Bexo
Castro de Imo
Castro de Lestrobe
Castro de San Xián
Castro de Traxeito
Eira da Lavandeira
Hórreo do Arco en Castro
Mámoas da Paradegua
Pazo da Hermida
Pazo de Tarrio
Pazo do Marqués de Bendaña
Petroglifos de Bouza Bandín
Petroglifos de Lombas das Pozas
Petroglifos da Devesa
Xacemento da Veiga de Abaixo