Terras de Iria

CC by Terras de Iria

Turismo en verde

Concello de Dodro

CC by Sendeiros de Dodro

Ruta circular de Lestrove


Powered by Wikiloc

É un sendeiro circular de 5,4 quilómetros, de intensidade media-alta, que transcorre por unha das paisaxes menos coñecidas do Concello de Dodro.

A senda iníciase no Lavadoiro máis grande do concello, sito en Lestrove. Comézase coa subida ao denominado Barrio de Arriba, seguindo polas zonas das Arquetas e Fonte de Santa María. O camiño continúa ata a pista do Miradoiro. Este tramo de subida é de dificultade media-alta.

Dende o miradoiro podemos observar unhas vistas espléndidas, permitíndonos ver o horizonte seguindo a liña dende o Monte Meda ata a confluencia dos ríos Sar e Ulla. É un lugar idóneo para o descanso e avituallamento, dado que conta cunha fonte e zona de merendeiro.

Despois disto, comezamos a baixada ata chegar a aldea onde hai dúas alternativas: o Pazo da Hermida ou a Antiga Casa do Monte e o Camiño Vello para rematar no punto de orixe.

INICIO/FIN

Lavadoiro de Lestrove

RUTA COMPLETA

5,4 km

TEMPO

1h 25min

DIFICULTADE

Media-alta

Ruta «Brañas de Laíño«


Powered by Wikiloc

INICIO/FIN

Río Vello en Bexo

RUTA COMPLETA

10,76 km

TEMPO

2h 30min

DIFICULTADE

Moderado

É unha ruta que parte do Río Vello en Bexo e chega ata a parte de Cancela Abrea. Na aldea de Bexo encóntrase o Hórreo das Pías, o cal servía de reloxo para as persoas que alí traballaban: a sombra do tellado marcaba as horas.

Este recorrido transcorre entre carballos, piñeiros, moitos salgueiros e nas brañas xa vemos xuncos e os herbales de Laíño.

Se temos sorte podemos observar a famosa «Escribenta das canaveiras» Emberiza schoeniclus lusitanica, considerada en perigo crítico de extinción. Tamén podemos acercarnos á Fonte do Mineral e mollar o noso corpo nestas augas de efectos mineromedicinais.

Bexo foi terra de mariñeiros e en Cabodeiras era onde se amarraban os galeóns e as dornas.

Nas brañas de Bexo está a Fonte Mineral ou A Fonte do Mineral.

Outro dos sitios a visitar é A Brañiña, lugar onde se bañaban os mozos de Imo. O Pinal da Braña está ó lado do esteiro de Tallós e refírese a el Rosalía nun verso. Á beira do Pinal había pozos que dicían que non tiñan fondo. O Campo do Bosque, zona das Festas de San Campio de Dodro é unha zona recreativa con mesas, fonte e parque infantil.

Ruta circular da Cruz de Avelán


Powered by Wikiloc

A Cruz de Avelán é un cruceiro situado en San Xoán de Laíño, a un quilómetro da igrexa de San Xoán indo cara as aldeas da Devesa e Teaio. A comezos do mes de xuño, no lugar onde se encontra o cruceiro, celébrase unha romaría.

Na ruta ademais da Cruz de Avelán, podemos visitar o muíño da Devesa, popularmente chamado Muíño de Valentín (porque foi quen o construíu, arredor do ano 1926). Ten un gran pozo que lle proporciona a forza necesaria á auga cando o caudal do regato é pequeno.

Os petroglifos de Bouza Badín, con máis de 4000 anos de antigüidade, son testemuña dos habitantes da zona entre os anos 1800 e 600 a.C.

Na zona de Teaio podemos visitar o Lavadoiro.

Na parroquia de San Xoán de Laíño podemos ver reloxos de sol datados de hai uns 3000 anos. Esta parroquia conta con 9. No río Té está O pozo Bastón.

INICIO/FIN

Cruz de Avelán

RUTA COMPLETA

7,65km

TEMPO

2h 15min

DIFICULTADE

Media-alta

Ruta circular do Alto da Paxareira


Powered by Wikiloc

INICIO/FIN

Merendeiro Formaris Rialiño

RUTA COMPLETA

8,9km

TEMPO

2h

DIFICULTADE

Moderado

Este itinerario discorre polo Monte Valouta. Ao longo do percorrido poderemos coñecer a arquitectura tradicional das súas casas e hórreos, gozaremos da contemplación da paisaxe do esteiro do río Ulla, de grande valor ambiental e camiñaremos por extensas plantacións de piñeiros e eucaliptos con fauna e flora sorprendentes.

Nas inmediacións do percorrido podemos ir visitar as brañas de Laíño, que son uns dos humidais máis grandes de Galicia cunha riqueza mediambiental de primeira magnitude.

Na parroquia de Vigo encóntrase o río de San Lufo. Neste regato dise que se bañaban ós nenos enfermos para ver o deparar da súa mellora.

Tamén en Vigo se encotra o Pazo de Bendaña. Esta contribución ó patrimonio histórico atópase derruído actualmente atopándose os seus principais motivos ornamentais e a súa torre no Pazo de Meirás, en Sada.

Os hórreos que se encontran polo percorrido, son construccións arquitectónicas de moito valor para o patrimonio galego.