Terras de Iria

Terras de Iria

CAMIÑO PORTUGUÉS

CC by J. Alberto Solla

A aldea de Angueira de Castro compón un espazo singular, enclavado en

O Camiño de Santiago Portugués tradicional encontra a súa orixe en Lisboa, e vai percorrendo o norte de Portugal ata chegar a Galicia.

A entrada en Galicia faise a través de Tui e, aínda que é unha senda eminentemente interior, conta con algunhas etapas en paralelo ao mar (concretamente, de Redondela a Pontevedra).

Non confundir co Camiño Portugués da Costa, aínda que ambas rutas pasan por Oporto, transcurren case en paralelo, e únense en Redondela, son dous trazados con orixes diferentes.

Os orixes do Camiño de Santiago Portugués remóntase ao século XII, tras a independencia de Portugal.

Deste modo, aproveitáronse dos restos de antigas calzadas romanas, como normalmente pasa con outras rutas do Camiño de Santiago.


PASO POR ROIS

ANGUEIRA DE CASTRO (ROIS)

Os veciños do lugar están aproveitando a loita para evitar a instalación dunha liña de alta tensión para facer un <<descubrimento colectivo>>.

A aldea de Angueira de Castro compón un espazo singular, enclavado en pleno corazón do Camiño Portugués que atravesa o Concello de Rois e fortemente vinculado á lenda áurea do Apóstolo e a mítica raíña Lupa.

A aldea conserva gran parte das edificacións da arquitectura tradicional, adaptándose ao monte xorde en torno a el. Que a aldea de Angueira de Castro é a máis bonita de Rois do patrimonio do núcleo, que permite contar, segundo din, a historia da arquitectura popular galega, comezando por aquelas casas primitivas dunha única pranta e portas de 1,70 metros de alto, das que aínda quedan varios exemplos na aldea, ata as intermedias cun sobrado e outras máis recentes e vistosas, posteriores ao século XVII e con máis dun piso.

Quizáis, tamén da comarca era sabido, á vista da súa ubicación no entorno do Castro Lupario e das casas e outras edificacións de pedra (hórreos) que a conforman, exemplo para moitos de moi boa conservación do patrimonio recibido.

DESVÍO DE ROIS A ANGUEIRA DE CASTRO


De camiñar polo perigoso arcén da carretera N-550 a facelo por un sendeiro tranquilo que transcorre por un pinar. É o cambio a mellor que encontrará o peregrino no Camiño no tramo comprendido entre A Picaraña, en Padrón e o Faramello, en Rois, onde a Xunta acaba de desviar, e con bo criterio, o trazado para facelo máis seguro e ata máis atractivo. O desvío, dun quilómetro, xa está señalizado con mollóns de pedra.

Así, tras deixar atrás o polígono industrial de A Picaraña, o camiñante debe xirar á esquerda, en vez de seguir de frente polo arcén da vía N-550. Esta mesma variante foi demandada fai uns 4 anos por un grupo de veciños da aldea de Angueira de Castro, en Rois, polo que transcorre parte do desvío, de modo que incluso chegaron a remitir un escrito, acompañado de firmas.

Xira á esquerda para meterse por un camiño de monte, que o leva a adentrarse nun pinar situado entre os núcleos de O Sisto e Angueira de Castro para continuar por un camiño empedrado e saír á pista de entrada do Pazo do Faramello.


PASO POR DODRO

PAZO DA HERMIDA

O Pazo de Lestrobe é un aloxamento elegante nun antigo edificio de pedra restaurado. Cun gran patio cunha fonte central e amplios xardíns, ofrece un estilo elegante e clásico á vez. Situado na localidade de Dodro, está a poucos minutos a pé do centro de Padrón, pobo coñecido polos seus pementos e por ser o lugar de nacemento de Rosalía de Castro. As habitacións están divididas en dous edificios, cun estilo clásico.

O pazo conta con zona de xardín con carpa para eventos e unha piscina ao aire libre aberta en temporada. Ademais, ofrece salas de estar interiores para descansar, un comedor e unha cafetería na que tomar aperitivos ou almorzo. Tamén hai unha zona de xogos para os nenos, e conta cunha tranquila biblioteca. O hotel dispón de conexión Wifi a Internet e de aparcamento para os coches.


PASO POR PADRON

SANTIAGUIÑO DO MONTE (PADRÓN)


Padrón garda unha forte vinculación co Camiño de Santiago e coa figura do Apóstolo. Foi nestas terras onde, segundo narra a tradición xacobea, Santiago o Maior predicou o Evanxelio, feito polo cal, despois do seu falecemento en Haffa (Palestina), o seu corpo foi traído por dous dos seus discípulos, Teodoro e Anastasio.

Eles emprenderon entonces unha viaxe co corpo do Apóstolo ata o Porto de Murgadán, Iria Flavia, onde, a súa chegada, a súa barca é amarrada a unha ara romana situada no río Sar, o Pedrón, que actualmente encóntrase baixo o altar maior da Igrexa de Santiago, no municipio de Padrón. Deste modo, Padrón pasou a convertirse na «Cuna do Xacobeo».