Terras de Iria

Terras de Iria

CAMIÑO MUROS-NOIA

O recente recoñecemento oficial do Camiño de Santiago pola ría de Muros – Noia permite seguir as pegadas dos milleiros de peregrinos que o andaron desde o século XII, coa calidade turística esixible en pleno século XXI.

En decembro de 2020 oficializouse este percorrido, o que permite a quen o escolla como vía para chegar á tumba do Apóstolo a consecución da Compostela, o certificado que proba a peregrinación xacobea.

A ruta ten a peculariedade de contar cun dobre punto de incio, desde unha e outra beira da ría de Muros – Noia. A variante muradana do norte é algo máis longa, con 78,3 km; mentres que a alternativa sonense ten unha lonxitude de 53,6 km.

«Unha Ruta histórica e, ao tempo, en construcción.»


PASO POR ROIS

Igrexa Parroquial de Santa María de Urdilde

Unha vez que se xunta en Noia, o trazado continúa por Lousame e diríxese cara ao interior por Rois, atravesando despois o Val de Maía para achegarse ao destino final: a tumba do Apóstolo na Catedral de Santiago.

Ao seu paso por Rois, o Camiño vai enlazando os núcleos de Martelo, Codeso, Agrafoxo e Urdilde. O trazado atravesa unha paisaxe que reúne varios elementos patrimoniais de interese: a necrópole de Chan do Codeso ou Martelo, un conxunto de sete mámoas do que deixou constancia Manuel Murguía na súa fundamenteal Historia de Galicia; dous castros, nun dos cales se atoparon unha ola de barro chea de moedas e un ídolo da Idade de Ferro; cruceiros coma o de Ramón Lago e o do campo da festa de Urdilde; ea igrexa máis a casa reitoral desta localidade.

PETO DA CALLE

No lugar de Calle, pero neste caso na beirarrúa da estrada de Santiago de Compostela a Noia, na encrucillada que fai coa pista que vai á igrexa parroquial. De estilo neoclásico – primeira metade do século XIX -, e posiblemente o autor sexa o mesmo que o do Peto da Calle.

No paramento hai unha modura a pouco máis de medio metro do chan, e sobre ela a fornela con arco de medio punto, formado por tres doelas.

O máis importante do conxunto é a imaxe que se acubilla dentro, pois trátase dunha Virxe sedente, co neno Xesús sentado sobre o xeonllo esquerdo.

Puidera datar do século XV, aínda que sufriu varios arranzos que lle afectaron a súa extructura.