Quen somos?

O plan de emprego Xuventude en Acción, Dodro-Padrón-Rois é un programa mixto de formación onde 15 alumnos/as traballadores/as de ditos concellos se formaron na especialidade de Confección e publicación de páxinas web.

Durante os 12 meses que durou dito programa, os alumnos/as recopilamos información sobre a orixe histórica das comunidades de montes de Galicia, creamos un SIX (Sistema de Información Xeográfica) co fin de representar ditas comunidades e confecionamos un inventario das comunidades de montes dos tres concellos das Terras de Iria.

Por outro lado, destacamos o Camiño de Santiago ao seu paso pola nosa comarca, con especial relevancia dos montes mancomúns, creamos unha nova ruta turística-cultural (Ruta Rosalía de Castro) e realizamos un catálogo dos paisaxes dos montes tendo en conta a fauna e flora, os usos do solo e o seu patrimonio, todo situado nas Terras de Iria.