Terras de Iria

Camiño de Santiago

Terras de Iria

CC by @totegil

O Camiño de Santiago foi e segue sendo a ruta máis antiga, máis concorrida e máis celebrada do vello continente. Santiago tamén compartíu a atracción dos camiñantes e andadores de todos os tempos pero, ademais, creou unha ruta, fixo un Camiño.

As Terras de Iria ocupan parte de Galicia Central e das Rías Baixas. Padrón e Rois esténdense polas dúas e Dodro soamente polas Rías Baixas.

Tras o descubrimento do sepulcro do Apóstol Santiago na actual Compostela a principios do século IX, transfórmase en destino de peregrinación para millóns de europeos durante a Idade Media.

A marea de peregrinos era tal, que algúns anos superaban o número á población das principais cidades do Camiño. Esta eclosión foi precedida polo cambio e afianzamento de trazado que tivo lugar a principios do século XI, cando Sancho o Maior de Navarra e Alfonso VI de León deciden que a ruta de peregrinación principal discurra polas terras que estaban sendo reconquistadas.

Concretamente Dodro é un concello rural, cun elevado número de unidades de poboación, caracterízadas polo seu reducido tamaño e a proximidade entre sí.

O Camiño nas Terras de Iria

As Terras de Iria teñen unha forte vinculación co Camiño de Santiago e a figura do Apóstolo. Concretamente Padrón, vila medieval, nace nun cruzamento de camiños, lugar de peregrinacións desde a Idade Media.

Concretamente polo territorio das Terras de Iria transcorren o Camiño Portugués, o Camiño de Muros-Noia e o Camiño de Mar de Arousa. Padrón é o primeiro lugar que aparece na lenda xacobea.

A pouco máis de 20 quilómetros de Santiago, Padrón é o lugar central na lenda de Santiago.

A vila está situada na desembocadura dos ríos Ulla e Sar, cerca de Iria Flavia, a praia fluvial na que se atou a nave que trasladaba o corpo do Apóstolo.

Camiño Portugués


Comezo: Lisboa

Dificultade:

Lonxitude: 620 km

Etapas: 25

CC by Lisboa – Sean3810/iStock

Camiño Muros – Noia


Comezo: Porto do Son ou Muros

Dificultade:

Lonxitude: 76 km

Etapas: 10

CC by Luis Miguel Bugallo Sánchez

Camiño Mar de Arousa


Comezo: Pontevedra

Dificultade:

Lonxitude: 190 km

Etapas: 9

CC by juantiagues