Terras de Iria
Terras de Iria
CAMIÑO MAR DE AROUSA E RÍO ULLA
A ruta do mar de Arousa é un singular itinerario marítimo e fluvial que conmemora a chegada a Galicia, por mar, o corpo do apóstol Santiago tras o seu martírio en Xerusalén, alrededor do ano 44.
O corpo de Santiago – acompañado polos seus discípulos Teodoro e Atanasio – chegou pola ría de Arousa e remontou no río Ulla ata arribar a Padrón, o porto fluvial da cidade romana de Iria Flavia.
A ruta marítimo – fluvial do Mar de Arousa e Río Ulla conmemora cada ano este feito. E faino seguindo os últimos tramos daquel último apostólico. Os portos de Rieira e O Grove marca a entrada da ría de Arousa. Por diante, cuarente millas náuticas ata a antiga Iria Flavia e logo, uns 25 kilómetors a pé ata Santiago de Compostela.
«Chegou sobre unha Barca de Pedra, en referencia ás naves que transportaban minerais dende Galiza a outros lugares.»
PASO POR PADRÓN
IRIA FLAVIA (PADRÓN)
O corpo de Santiago, acompañado polos seus discípulos Teodoro e Atanasio, penetrou pola ría de Arousa e remontou o río Ulla ata arribar a Padrón, o porto fluvial da cidade romana de Iria Flavia. Chegou sobre unha barca de pedra, en probable referencia a unha das naves que, por aquela época, transportaban minerais desde Galicia a outros lugares do Imperio romano.
SANTUARIO NOSA SEÑORA DA ESCRAVITUDE
O monumental Santuario da Escravitude, situado a medio camiño entre Santiago e Padrón, de estilo barroco e neoclásico, é obra de José San Martín. As orixes remóntanse ao século XVI, sendo construído XVII e rematado definitivamente no 1885.
Segundo a lenda, a finais do século XVI o párroco de Cruces mandou colocar no lugar de enriba da fonte, unha imaxe da Virxe co Neno, en agradecemento aos favores recibidos da Santa.
Anos despois, xa no século XVIII, un home enfermo que se dirixía a Santiago para pedir curación da súa hidropísia, bebeu da fonte situada baixo a escalinata do adro, curándose ás 72 horas sen tratamento médico algún.
O home, agradecido, dixo a seguinte frase que lle dou o nome o Santuario: «Grazas, Virxe, que me libraches da escravitude do meu mal.» Máis adiante, a igrexa comezou a construírse cun carro de bois que o agradecido doou para levantar o edificio.