Terras de Iria
CATÁLOGO DE PAISAXES
Terras de Iria
As Terras de Iria abranguen a comarca do Sar que formada polos concellos de Padrón, Rois e Dodro. Para analizar a súa paisaxe é necesario coñecer o Catálogo das Paisaxes de Galicia, que divide o territorio galego en áreas e comarcas paisaxístias, dividíndoo nun total de 12 grandes áreas paisaxísticas que se dividen en 50 comarcas paisaxísticas. O seu fin é identificar e caracterizar os valores e as potencialidades da paisaxe de Galicia cara a súa protección e xestión, con ese mesmo obxectivo elaboramos o Catálogo de Paisaxes das Terras de Iria.
As Terras de Iria ocupan parte de Galicia Central e das Rías Baixas. Padrón e Rois esténdense polas dúas e Dodro soamente polas Rías Baixas.
Cabe destacar que os límites administrativos, xa sexan comarcais ou municipais, non se corresponden cos límites paisaxísticos, polo que a comarca do Sar vese afectada por dúas Áreas paisaxísticas. A primeira delas é a Área Paisaxística Central, dentro desta, a comarca paisaxística dentro da que sitúa é a de Terras de Santiago-Barcala. A segunda é a Área Paisaxística das Rías Baixas, neste caso inflúen nas Terras de Iria a comarca paisaxística de Muros e a de Arousa-Baixo Ulla.
É dicir, vense afectadas por dúas áreas e tres comarcas paisaxísticas, destacando o concello de Rois, pois o seu territorio inclúe as tres comarcas, outorgandolle unha gran riqueza e variedade paisaxística.
Concello de Dodro
No concello de Dodro só hai unha limitación paisaxística que é a de Arousa – Baixo Ulla, onde destaca a comarca de Arousa – Baixo Ulla.
Fauna e flora
Usos do solo
Patrimonio Cultural
Elementos Paisaxísticos
Concello de Padrón
No concello de Padrón hai dúas limitacións paisaxísticas que son as das Rías Baixas e Galicia Central, dentro destas destaca a comarca de Arousa – Baixo Ulla e Terra de Santiago – A Barcala
Fauna e flora
Usos do solo
Patrimonio Cultural
Elementos Paisaxísticos
Concello de Rois
No concello de Rois hai duas limitacións paisaxisticas que son as das Rías Baixas e Galicia Central, dentro destas destaca a comarca de Muros e Terra de Santiago- A Barcala.
Fauna e flora
Usos do solo
Patrimonio Cultural
Elementos Paisaxísticos
ELEMENTOS DESTACADOS