Terras de Iria
Turismo en verde
Concello de Rois
Ruta das Penicias
O recorrido discurre polas parroquias de Rois e Buxán, pasando polas aldeas de Rois, Infesta, A Casa do Porto e Buxán. O punto de partida é a Igrexa de San Mamede na cal a torre está situada na parte central da fachada. Dirixímonos hacia Infesta. Ao saír dela, vemos a esquerda do camiño a súa fonte.
A partir de aquí avanzamos ao lado do río. A uns 2 km do sendeiro desemboca nun camiño ancho onde hai dúas opcións: seguir a ruta á esquerda hacia a Casa do Porto ou atallar de frente para atravesar unha ponte e regresar polo outro lado do riachuelo. Se decidimos ir pola esquerda, a uns 100 metros deixamos o camiño para coller un sendeiro que nos leva a Casa do Porto.
Dende esta aldea vemos vistas panorámicas espectaculares ademáis de hórreos e un cruceiro. O camiño desemboca cerca de Buxán. Ao pasar a ponte e sen entrar á aldea, collemos un camiño que nos leva ao riachuelo con muíños. Chegamos a estrada inicial, e chegamos á Igrexa, onde rematamos a ruta.
INICIO / FIN
Igrexa de San Mamede
RUTA COMPLETA
8,5 km
MEDIA RUTA
4,2 Km
DIFICULTADE
Baixa
Ruta do Castro Lupario
INICIO / FIN
Aldea Beca, rúa de Francos
DISTANCIA
3,4 – 4,5 km
DIFICULTADE
Baixa
TEMPO
3 h 18 min
Trátase dunha ruta circular de pouca dificultade que inclúe unha ruta base e tres variantes, que van dos 3,8 aos 4,5 quilómetros, nun percorrido que discorre polo Pazo de Faramello, Angueira de Castro e a Ponte Paradela. A ruta circular ao Castro Lupario foi deseñada conxuntamente polos concellos de Brión e Rois.
Imos a mencionar algúns dos lugares que podemos visitar ao longo desta ruta. Un deles é a Carballeira de Francos onde se celebra a Feira Cabalar de San Martiño, a ruta non pasa concretamente por este punto pero, desviándonos apenas uns metros dela, podemos acceder a este paraxe natual.
A Ponte Paradela é outro dos lugares que visitamos, trátase dunha ponte medieval de un arco sobre o río Tintos, xunta a aldea de Francos co Concello de Teo.
O castro Lupario trátase dun castro galaico romanizado e está situado entre os concellos de Rois, Brión e Teo, onde o máis destacado é a conservación da súa muralla de pedra. A área recreativa Angueira de Castro é outra das zonas que se poden visitar. Está situada na aldea co mesmo nome, nela hai casas rústicas de pedra, ademáis é o lugar por onde pasa o Camiño Portugués.