Terras de Iria
Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 nunha casa do Camiño Novo (Santiago de Compostela), actual Avenida Rosalía de Castro. A súa nai, María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía, proviña dunha familia fidalga, e o seu pai, José Martínez Viojo, foi o sacerdote da Colexiata de Iria. Rosalía Casouno ano 1858 co historiador e tamén escritor Manuel Murguía, co que tivo sete fillos.
Rosalía de Castro considérase a escritora representativa de Galicia no mundo. Por un lado foi ela que como escritora mellor retratou os sufrimentos e máis as esperanzas de todo un pobo, quen mellor se identificou coas aspiracións da Galicia dos humildes. Por outro, como muller, fixo constantes denuncias da discriminación social, política e literaria que as mulleres padecían e fíxoas tamén protagonistas da súa extraordinaria creación literaria, en galego ou castelán, en prosa ou verso. Probablemente nada simbolice mellor a súa obra e máis a súa vida que o río Sar, esixe tamén desta proposta de ruta.
Esta proposta de #RosalíanosCamiños, está composta polos concellos de Rois, Padrón e Dodro.
Aquí comeza a ruta de Rosalía no Camiño
Esta ruta está inspirada no libro «A orillas del Sar» de Rosalía de Castro. Os concellos da Comarca do Sar quixeron representala polo longo do río que era a súa vida literaria. Esta ruta é circular e consta de 16.5km de percorrido. O percorrido e completamente chan agás a subida ao Monte Santiaguiño. A ruta está marcada cunha folla de figueira color morado debuxada por Camilo Seira e representada nas pedras de granito que esculpeu José Conde (canteiro de Rois).