Terras de Iria

Turismo en verde

Terras de Iria

A comarca do Sar é un lugar moi recomendable para unha visita, sexa no tempo que sexa no tempo que sexa, e é ideal para unha escapada de outono na que, como sinalan dende o departamento de Turismo do Concello de Padrón, natureza e turismo activo sobresaen sobre o resto de recursos, moitos dos que están dispoñibles todo o ano, como os de índole cultural.

As cores, a luz e os olores de espazos como o paseo fluvial da desembocadura do río Sar no Ulla, a área recreativa do Santiaguiño do Monte ou o Xardín Botánico Artístico converten estes lugares en parada obrigada en Padrón, aos que hai que sumar outros espazos naturais dos concellos veciños: Rois e Dodro.

Na capital do Sar, ademais, o turismo activo depara actividades como o rafting en augas do río Ulla.

Rois e Dodro destacan, pola súa banda, polas rutas, no caso do primeiro de tipo natural, coa das Penicias ou a do Castro Lupario. Dodro suma aos sendeiros naturais outros de índole cultural, como a do Os días olvidados, que percorre os ligares vitais do seu gran poeta, Eusebio Lorenzo Baleirón.

Do mesmo xeito, a ruta Pensa Nao leva ao camiñante polos espazosliterarios da obra do escritor e veció de Manselle Anxo Angueira.

RUTAS CONCELLO DE DODRO

RUTAS CONCELLO DE ROIS

RUTAS CONCELLO DE PADRÓN