
Terras de Iria

Turismo en verde
Concello de Padrón

Ruta Rosaliana «As pegadas de Rosalía»
INICIO
Plaza de Vigo Santiago de Compostela
FIN
Santo Domingo de Bonaval
TEMPO
4-5h
A Ruta Rosaliana está basada no itinerario creado por Avelino Abuín de Tembra nos anos 80 e adaptada as tendencias de hoxe. Transcorre polos concellos de Ames, Brión, Dodro, Padrón e Santiago á beira do río Sar.
A Ruta Rosaliana é un itinerario lóxico que segue a vida de Rosalía de Castro. A ruta comeza xunto ao monumento de Rosalía na praza de Vigo en Santiago de Compostela, lugar onde naceu a escritora.
Logo, a ruta continúa por Ortoño onde Rosalía pasou a súa infancia, domicilio da familia paterna. Outro lugar de residencia foi Bastavales, por onde tamén discorre a ruta.
O Pazo da Hermida, en Lestrobe, é un dos lugares onde Rosalía pasou temporadas enteiras e onde escribeu parte da súa obra.
Xa en Padrón podemos visitar o Pazo de Arretén, a Casa da Matanza; onde está a Casa Museo, a igrexa de Iria Flavia e a ruta remata no Panteón de Galegos Ilustes en Santo Domingo de Bonaval, lugar onde repousan as súas cinzas.