Terras de Iria

Concello de Padrón

CATALOGO DE PAISAXES

O Concello de Padrón é a porta natural da Ría de Arousa no límite xeográfico entre o sur da provincia da Coruña e o norte da provincia de Pontevedra, separados polo río Ulla. Xunto cos municipios de Dodro e Rois conforma a Comarca do Sar, da que é capital.

Por un lado, o Concello de Padrón atópase afectado pola Área Paisaxística Central, concretamente pola Comarca Paisaxística Terras de Santiago – Barcala, a cal se caracteriza polos vales e a orografía suave. Así mesmo, conta con numerosos cursos fluviais que dan lugar a depresións do terreo. O conxunto do territorio organízase arredor de tres ríos principais, Ulla, Tambre e Sar. Outro aspecto destacable é que é unha das comarcas máis chuviosas de España.

Por outra lado, tamén lle inflúe a Área Paisaxística das Rías Baixas. Concretamente ao municipio de Padrón aféctalle á comarca paisaxística de Arousa – Baixo Ulla. Os trazos xerais que definen esta área son os dunha elevada densidade pobocional o que dá lugar a parroquias con moitas aldeas e moi próximas entre si.

Os núcleos rurais sitúase a media ladeira en contacto coas terras de labranza e o espazo forestal, onde as novas edificacións ‘estiran’ o núcleo cara as terras de labor seguindo as vías de comunicación, cara os nodos proboacionais, utilizando os nodos para o equilibrio do Territorio.

Padrón, como capital comarcal, é o nodo do Sar.

Un dos lugares de maior interese é o val do Sar, onde distintos materiais arxilosos e areentos, baixo depósitos máis recentes, ocultan as fracturas que orixinaron a citada depresión.


USOS DO SOLO

Repoboacións forestais

Mato

Mestura de especies arboreas

Zonas urbanas

Cultivos e prados

Especies caducifolias

Mato e Rochedo

Sistemas xerais de transporte

Coníferas

Zona de extracción ou vertido

Humidais

Augas continentais

Un aspecto importante, que permiteu a expansión e consolidación de Padrón coma nodo ou punto de referencia na comarca, foi a apertura da liña de ferrocarril entre Santiago e Carril.

Actualmente, as principais utilizacións do solo no concello de Padrón (ordeados de maior a menor extensión ocupada) son:

  • Eucaliptos
  • Mato e rochedo
  • Mestura de especies arbóreas
  • Repoboacións forestais
  • Mato
  • Zonas urbanas e industrias

Antigamente Padrón destacou pola actividade téxtil, da cal parteu a insdustrialización da zona.


FAUNA E FLORA

O municipio de Padrón neste eido destaca por dous productos concretos de gran valor e recoñecemento.

Son o Pemento de Herbón e a Lamprea.

A época da captura da lamprea vai dende primeiros de ano ata despois de Semana Santa. Destaca a zona das pesqueiras do río Ulla na que se captura esta especie anterior aos dinosaurios de forma tradicional.

Os pementos amparados pola Denominación de Orixe Protexida (D.O.P.) “Pemento de Herbón” son froitos da especie “Capsicum annuum, L.” procedentes dos ecotipos locais da variedade “Padrón”.


ELEMENTOS PAISAXÍSTICOS


ELEMENTOS PATRIMONIAIS

No municipio de Padrón atópase a Paraxe Pintoresca formada polo contorno no que se integran a casa de Rosalía de Castro, a colexiata de Iria Flavia co cemiterio de Adina e o xardín da vila de Padrón.

Asemade, neste concello cómpre facer referencia ao xardín da Vila de Padrón, Xardín artístico, á casa museo de Rosalía de Castro, Monumento Histórico-Artístico, á ex-colexiata de Iria Flavia, Monumento Histórico-Artístico, á igrexa de Santa María de Herbón, Monumento Histórico-Artístico e á torre do Monte.

Así mesmo, destaca o centro da propia vila, pois nel atopamos Convento e a fonte do Carme, A Igrexa de Santiago e a ponte de Santiago, todos estes monumentos rodeados polo paseo do espolón e o Sar.

Espazo arqueolóxico datado na Idade de Ferro (s. III a. C.) composto por tres elementos: A ermida, a fonte e as dez rochas.

FICHAS PATRIMONIAIS

Casa Grande Consistorial

Casa-Museo de Rosalía de Castro

Castelo Medieval Castelo Redondo

Castro de Barco

Castro O Castelo

Castro Valente- A Cerca

Cemiteiro de Adina

Convento Franciscano de Santo Antonio de Herbón

Ermida de Santiguiño do Monte

Ex-colexiata de Iria Flavia

Fortaleza Medieval Casa das Meigas

Igrexa de Santa María de Herbón

Mámoa do Castelo do Medio

Marco Medieval de Porto de Lampai

Marco Medieval de Queiruga

O Curuto do Castro

Pazo da Inquisición

Pazo da Torre do Monte

Pazo de Arretén

Pazo Palacio de Quito

Xardín da Vila de Padrón