Terras de Iria

Concello de Rois

CATALOGO DE PAISAXES

O Concello de Rois atópase no suroeste da provincia da Coruña, situado nas terras intermedias que preceden á Península do Barbanza, limitando cos concellos de Brión, Teo, Rianxo, Dodro, Lousame e Padrón.

Por un lado, o Concello de Rois atópase na Área Paisaxística Central, concretamente a Comarca Paisaxística Terras de Santiago-Barcala, a cal se caracteriza por os vales e a orografía suave. Así mesmo, conta con numerosos cursos fluviais que dan lugar a depresións do terreo. O conxunto do territorio organízase arredor de tres ríos principais, Ulla, Tambre e Sar. Outro aspecto destacable é que é unha das comarcas máis chuviosas de España.

Por outro lado, atopamos a Área Paisaxística das Rías Baixas. Ao municipio de Rois aféctanlle dúas comarcas paisaxísticas desta área, a de Muros e a de Arousa-Baixo Ulla.

Os trazos xerais que definen a Comarca de Arousa-Baixo Ulla son os dunha elevada densidade poboacional, fenómeno relacionado co acusado minifundio e co alto número de entidades de poboación, o que dá lugar a parroquias con moitas aldeas e moi próximas entre si.

A Comarca Paisaxística de Muros exténdese, polo interior, dende os montes do Pedregal do Concello de Rois ao interior da península do Barbanza, coincidente co territorio en torno á ría homónima. As dúas beiras da ría presentan unha orografía que combina elevacións considerables, que descenden esgrevias cara ao mar, con amplas chairas litorais e vales, destacando o río Beluso, que nace na Muralla

Un dos lugares de maior interese é o val do Sar, onde distintos materiais arxilosos e areentos, baixo depósitos máis recentes, ocultan as fracturas que orixinaron a citada depresión.


USOS DO SOLO

Repoboacións forestais

Mato

Mestura de especies arboreas

Zonas urbanas

Cultivos e prados

Mato e Rochedo

Sistemas xerais de transporte

Coníferas

Especies caducifolias

Rois é un municipio rural no que antigamente tiña gran presenza a gandaría. Actualmente isto dase en menor medida, polo que moitos dos solos utilizados para pasto e cultivos se están convertindo repoboacións forestais.

Actualmente, as principais utilizacións do solo no concello de Rois (ordenado de maior a menor extensión ocupada) son:

  • Repoboacións forestais
  • Coníferas
  • Cultivos e prados
  • Mato / Mato e rochedo
  • Mestura de especies arbóreas
  • Afloramentos rochosos e rochedos

En algunhas zonas de Rois continúan sendo chave as explotacións gandeiras.


FAUNA E FLORA

Neste concello a flora e a fauna non se distribúen uniformemente.

No eido da fauna Rois conta con diversas especies típicas galegas, cómo o ourizo, a toupa, a musaraña pequena, o coello, o raposo e o xabarín, e outras especies moi comúns nos montes deste municipio pero non tanto nos montes veciños, cómo son a Denociña (Mustela nivalis) e a Xeneta (Genetta genetta)

Outro aspecto polo que Rois destaca é pola variedade de aves que ten no su territorio, tanto migratorias como residentes.


ELEMENTOS PAISAXÍSTICOS


ELEMENTOS PATRIMONIAIS

O patrimonio de Rois destaca polo número de igrexias parroquiais que ten no seu territorio, unha por parroquia, é decir, 12 en total, isto sen ter en conta as capelas.

Por outra banda, resaltan o pazo do Faramello, o cal está cercano ao Xardín dos Recordos e ao Castro Lupario e o pazo de Antequeira, o cal é de propiedade privada.

No eido arqueolóxico destaca o Castro Lupario, xacemento de tradición xacobea relacionado coa lendo do traslado do corpo de Santiago Apostol a Galicia, así como o Castro de Socastro. Finalmente, resalta o Viacrucis de Sorribas de finaos do século XVII, un dos poucos existentes na contorna.

Destaca o cruceiro de de Vilachán o de Costa do ano 1355, sendo un dos primeros de Galicia.